gl

Este documento reflexa problemas coñecidos de Ubuntu 8.04 LTS e da versión 8.04 de Kubuntu e Xubuntu no momento da súa publicación.

Requisitos do sistema

A cantidade mínima de memoria requerida para Ubuntu 8.04 é de 384MB para os CD de escritorio, e de 256MB para outros métodos de instalación. (Teña en consideración que parte da memoria do seu sistema pode ser usada pola tarxeta gráfica e non estar dispoñible.)

Se dispón só da cantidade mínima de memoria o proceso de instalación durará máis do normal, pero completarase de forma exitosa, e o sistema funcionará correctamente unha vez instalado. Os sistemas con pouca memoria poden ser capaces de usar o CD de escritorio para realizar a instalación engadindo a opción de inicio only-ubiquity para executar só a aplicación de instalación no canto do escritorio completo.

Instalación

Particións iSCSI

  • Agora o paquete open-isci é unha opción soportada en Ubuntu 8.04 LTS, e as particións iSCSI NAS pódense configurar directamente desde o instalador. Non obstante, na actualidade os sistemas de ficheiros raíz (root) e inicio (boot) deben estar situados nunha partición local, con /usr no mesmo sistema de ficheiros que a raíz.

Actualización

Os usuarios de Ubuntu 7.10 ou de Ubuntu 6.06 LTS pódense actualizar a Ubuntu 8.04 mediante un cómodo proceso automático. As instrucións completas pódense atopar en http://www.ubuntu.com/getubuntu/upgrading.

Métricas de encamiñamento

  • ifupdown agora establece en 100 o valor por defecto para a métrica de encamiñamento para as interfaces que non teñen unha opción para a métrica en /etc/network/interfaces. Este cambio non lle suporá ningunha diferencia á maioría dos usuarios, pero pódelles afectar a algúns con requisitos complexos para a rede. Se confía na anterior métrica por defecto de 0 (cero), edite /etc/network/interfaces e estableza a opción sobre a métrica de forma explícita para as interfaces, por exemplo:

    iface eth0 inet static
            address 192.168.0.2
            network 192.168.0.0
            broadcast 192.168.0.255
            netmask 255.255.255.0
            gateway 192.168.0.1
            metric 0

Xestor de rede (Network Manager)

  • En Ubuntu 8.04, network-manager (o xestor de rede) só xestiona as interfaces que están marcadas para itinerancia. Deste xeito, durante a actualización vanse marcar para itinerancia tódalas interfaces que antes xa estaban xestionadas polo xestor de rede. Técnicamente, este procedemento busca as entradas das interfaces que usan o método dhcp que non teñen opcións e que están marcadas con auto e elimínaas de /etc/network/interfaces. Se desexa que as interfaces se inicien por ifupdown cando se arrinca o sistema, débeas reactivar manualmente en /etc/network/interfaces, ou desactivar a itinerancia en System -> Administration -> Network.

Soprte de montaxe por NFS

  • Para montar os sistemas de ficheiros NFS debe instalar o paquete nfs-common.

/bin/sh agora é dash

  • Para mellorar o rendemento do sistema, o intérprete de ordes /bin/sh desde Ubuntu 6.10 é dash no canto de bash (como era en Ubuntu 6.06 LTS). Isto pode crear problemas de ocmpatibilidade cos shell scripts locais. Por favor, para ter máis información consulte DashAsBinSh.

Cambios nas etiquetas dos discos UltraSPARC

  • Os usuarios que actualicen a Ubuntu 8.04 LTS en UltraSPARC desde Ubuntu 6.06 LTS deben volver a executar manualmente fdisk en tódolos discos. Se a etiqueta do disco ten que ser actualizada, fdisk indicarao. Siga as súas instrucións. As instalacións novas de Ubuntu 8.04 usarán automaticamente o novo formato de etiqueta.

Outros problemas coñecidos

HardyReleaseNotes/gl (last edited 2008-08-06 16:17:05 by localhost)